O loureiro raís de ouro
bota folliñas de prata...
Coller amores non custa
olvidalos si que mata.
Si queres que o carro cante
móllale o eixo no río,
despois do eixo mollado
canta como un asubío.
Quen fala de mín, quen fala,
quen fala de mín quen é.
Será algún zapato vello
que non me sirve no pé.
Se vas a San Benitiño
non vaias ó de Paredes,
que hai outro mais milagreiro;
San Benitiño de Lérez.
Unha vella díxolle á outra
por un burato da porta,
ti goberna a túa vida
ca miña nada che importa.
Pasei pola túa porta
mirei pola pechadura
unha fala non ma deches
corazón de pedra dura.
A raiz do toxo verde
é moi mala de arrincar,
os amoriños primeros
son moi malos de olvidar.
Moito miras para min
moito me chisca-lo ollo,
teño moito que facer
non podo atender a todo.
...
Moito miras para min
moito me chisca-lo ollo,
son criada de servir
non podo atender a todo.
Miña nai como é tan pobre
cando non ten que me dar,
éncheme a cara de bicos
e despois ponse a chorar.
Non te fies, rapariga
do canteiro que ben canta:
é a fariña da pedra
que se lle pon na garganta.
O voso galo comadre
teñelo mal enseñado
vai cantar todas as noites
enriba do meu tellado.
Eu queríame casare
miña nai non teño roupa
casa miña filla casa
que unha perna tapa outra
Tua nai e mais a miña
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña
que ten amores co galo
E pra que non digas,
que tal e que cual,
que vou o non vou,
que tal que sei eu.
Eu alá non fun,
ela acó non veu,
nin eu llo pedín
e nin ela mo deu
Por ese que anda no baile
por ese que entrou agora,
por ese que anda no baile
cantaría a noite toda.
Quedaches de vir ás oito
e viñeches ás nove e media
ti pensas que non é pecado
engañar a unha morena.
Regaliño dos meus ollos
prenda das miñas entrañas
se non te casas conmigo
¿por que non me desengañas?
Chamácheme moreniña
a vista de tanta xente
e agora que mo chamache
son moreniña para sempre.
Murumurai, murmuradores
murmurai sempre de min
nunca che fun murmurada
senón de xente ruín.
Nena, se ti me queres
¡la mar te coma!
heiche de comprar
unha lancha motora
¡la mar te coma!
para pasear.
Que cara tés
e que nariz
que boca pos
¡la mar te coma!
cando te ris.
Mariquiña, se che pesa
o amor que me tiveche,
dame os bicos que che dei
e dareiche os que me deche.
Os gaiteiros de Soutelo
mala centella chos mate
non queren tocar a gaita
sen que lle dean chocolate.
Eu non vou, non vou
eu non vou alá
que se é de lei
ha de vir acá.
Miña nai, miña naiciña
que rica nai teño eu
que vendeu o seu refaixiño
para me compra-lo meu.
Olvidácheme, olvideite,
volvámonos a querer
as herbas do campo secan
e volven a enverdecer.
Eu xa te vin persinare
meus ollos foron testigos,
e quxera darcue un bico,
onde dis inimigos.
Eu subín a unha pereira
e farteime de mazás
ven o dono dos pementos
déixame as uvas, rapaz.
O bailar homes con homes
e mulleres con mulleres
é como a gaita sen foles
e o tamboril sen cordeles.
Eu teño observado,
que as hai que se rín
e outras moi pouqiñas,
que foxen de min
a maior parte delas,
chaman polas nais
pero chaman baixiño,
e arrímanse máis.
(COPLA DE CEGOS)
No conventiño dos picos
hai un frade galiñeiro,
inda ben, non das a cinco
churras, churras,
para ó poleiro.
Quixeches levarme ó monte
quixeches levarme soa
non sabes que a miña nai
non me deu leite de boba.
Non quero, non quero,
non quero bailá
non quero que me poñas
a man na saia
a man na saia
a man na saia
que son casada
que se fora solteira
tanto me daba.
Pasei pola túa porta,
pedín auga, e non ma deches,
válgame Deus queridiña
¡que soberbia te fixeches!
Non te cases cun ferreiro
que é moi malo de lavar
cásate cun mariñeiro
que ven lavado do mar.
|
O caravel cando nace
chámalle caraveliño
tamén os fillos dos cregos
chámanlle o pai señor tío.
Pica, canteiriño, pica,
pica, na pedra miúda,
pica na muller allea,
que outro picará na túa.
Alá arriba non sei donde
había non sei que santo,
que rezando non sei qué
gañábase non sei canto.
A vida que leva o probe
é como a vida do grilo:
polo día muita fame,
pola noite muito frío.
A miña muller morreu,
enterreina no palleiro.
Deixeille as manciñas fora,
para toca-lo pandeiro..
Cando eu morra, enterrádeme,
con ela no palleiro,
e poñerme as mans adentro,
pa tocarlle no pandeiro.
O río cando vai cheo
leva carballos e follas;
tamén podía levar
as linguas marmuradoras.
Púxenlle un pleito a un veciño
polo rego dun outeiro.
Gastar gastei canto tiña,
pero amolar amoleino.
Os curas e os taberneiros
teñen moito parecido.
Os curas bautizan nenos
e os taberneiros o viño.
Baila, nena, baila, nena
e non pares de bailar
que as estrelas tamén bailan
sin perder seu alumar.
Periñas me dan ó almorzo
ó xantar peras me dan
á merenda danme peras
á cea peras sin pan.
Miña virxe da Lanzada
bota castañas abaixo,
aunque non teña mantelo
collereinas no refaixo.
Salto por riba
do lume de San Xoán,
pra que non me morda
nin cobra nin can.
Madrugada de San Xoán,
madrugada a mais garrida,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre o día.
Por ser noite de San Xoán,
noite de encantos e bruxas,
por ser noite de San Xoán,
téñoche medo, Maruxa.
Hei brinca-lo lume novo
que hei facer para San Xoán
e hei de ir pola flor da auga
para de min meigas tornar.
Fun o serán á cortella
metín o pé nunha poza
e deille un bico a unha vella
pensando que era unha moza.
Mira miña Maruxiña
mira como veño
cunhas cuncas de Ribeiro
que xa non me teño
que xa non me teño, Maruxiña
que xa non me teño
mira miña Maruxiña
mira como veño
A ti miña Maruxiña
eiche de enseñar todo
a peneirar, a amasare
e a botar pane no forno.
Se a festa non vai ben
señoriños do turreiro
se a festa non vai ben
ide chamar ó gaiteiro.
Viva quen agora chega
e quen agora chegou
estaba para me ir en bora
e agora xa non me vou.
A roliña anda berrando
que lle roubaron o niño
pa que o fixeche rola
tan á beira do camiño.
De Portugal me mandaron
tres peras nun ramalliño
quen me dera a min saber
quen me ten tanto cariño.
O que non canta nin baila
que vai facer ó serán
deprender catro mentiras
para contalas de mañá.
Vámonos de aquí gaiteiro
que este palco xa estralou
estas mociñas da lomba
apretadas do refaixo
o día de Santa Marta
tírannos do palco abaixo
Arrimeime, arrimeime
funme arrimando
á criada do cura
e cominlle o caldo.
Por dicir viva San Roque
prenderon a meu irmán
agora que o soltaron
viva san Roque e o can.
As rapazas de Valeixe
son unhas boas rapazas
pero teñen o defecto
que para levar un prato
collen dous e rompen catro.
Agora non canto máis
que se me acabou a gracia
esta pouquña que teño
lévoa para miña casa.
Estou rouco, estou rouco
estou rouco non o sinto
enronquecinme onte a noite
cun vaso de viño tinto.
Pretendinte e non me quixeches
heite volver pretender
non hai lebre que se escape
se o galgo sabe correr.
Aquel día era eu
do teu prato a mellor sopa
e agora son un veneno
dos labios da túa boca.
Pasei pola túa porta
mirei pola pechadura
unha fala non ma deches
corazón de pedra dura.
Os solteiros valen ouro
os casados valen prata,
os viuvos calderilla
e os vellos folladelata.
Esta noite hei de ir verte
maruxa non teñas medo,
déixame a porta trincada
cunha palla de centeo.
De Marín a Portonovo
fun nunha lancha motora
fun solteira lere, vin casada lere
más valera que non fóra.
As de alá dariba cando van co gando
espichan a vara e bailan o tango
e bailan o tango e maila muiñeira
as de alá darriba non hai quen as queira.
Maruxa se vas á feira
cómprame un porco rabelo
que se mo compras con rabo
non me cabe no cortello.
Non te cases cun ferreiro
que che bota moitas chispas
cásate cun carpinteiro
que che fai cousas bonitas.
|