Páxina pricipal

 

demo



abeliña e os mouros  
castro de Pedrouzos  
onte Pormás  
endas de cidades asolagadas  
 enda de Roldán e as tres costureiras de Puxares  
 
doniña cerva  
Urco  
  mestre Mateo e o Pórtico da Gloria  
meiga e o pescador  
ferreiro de Castrelos     
obos  
obishomes  
an Andrés de Teixido

s terras da fin do mundo - Ara Solis
Noite de San Xoán
  Santo Grial en Pedrafita


 
    "(...) Brath, fillo de Death, tivo un fillo chamado Breoghan. Foi criado ate o intre en que poido levar armas. Despois de certo tempo, Brath morreu e Breoghan ocupou o principado. Moitas disputas e desacordos, pelexas e roces orixináronse entre as diversas  
razas, polo que moitas batallas e escaramuzas foron libradas entre eles.  Nembargantes, foi Breoghan cos seus soldados e xente, os que lograron a victoria en cada batalla. E deles foi o triunfo final, polo que estas tribus remataron sometidas .     Posteriormente Breoghan fundou unha cidade que chamou Brigantia  e tamen edificou unha torre frente á cidade á cal chamouselle Tor Breoghain.. Unha agradable e deliciosa morada, ademais de ser un lugar para mirar e vixiar. Breoghan tivo dez fillos, seus nomes eran: Breg, Cuala, Cuaionge, Bleid, Fuad, Muirtheme, Eble, Nar, Ith e Bile.   (...)   Ith, fillo de Breoghan era un experto e moi preparado en conocementos e estudios. Sucedeu unha vez que atopandose Ith no alto da Torre de Breoghan, contemplando o mundo o seu redor, pareceulle ver unha sombra parecida á forma dunha elevada illa, lonxe na distancia. Reuniuse cos seus familiares e comentoulles o que había visto. Breg, fillo de Breoghan, díxolle que non había visto terra ningunha.. somentes nubes no ceo, e intentou disuadirlle da sua marcha naquela expedición. Pero, no obstante, el non aceptou permanecer alí.      Saíu cos seus barcos ó mar e navegaron en dirección a Irlanda (...)" 
Extraído do 'Leabhar Ghabhala' (manuscrito 
anónimo do s.XII escrito en gaélico irlandés)
 
    Á beira da Torre de Hércules, na cidade da Coruña, consérvase unha inscrición que di que o seu construtor foi Caio Servio Lupo, arquitecto natural de Aquae Flaviae, que é a actual cidade de Chaves no norte de Portugal, preto de Verín.
    Nembargantes, hai quen pensa que a Torre de Hércules foi erguida con anterioridade á época da dominación romana, e a este respecto, cóntanse unha chea de lendas que atribúen a súa construción, ben ós fenicios, ben ó semideus grego Hércules, ben a un mítico rei celta chamado Breogán.
    Segundo esta última tradición, o rei Breogán mandou ergue-la torre nos seus dominios e no cumio dela puxo un espello no que se vían reflexadas as embarcacións que navegaban por alta mar, xa desde moi lonxe, a onde non chegaba a ollada...

    O que teña ou deixe de ter Galicia de celta é un tema realmente complicado e moi discutido pasándose, as veces, do "é así" ó "quero que sexa así" ('Galicia é celta, por iso somos diferentes do resto da meseta, a esperanza celta é un símbolo vivente da nosa nacionalidade e amosa unha indómita confianza nos nosos destiños (Castelao)' ou  'Aqui o único celta é o Celta de Vigo, Galicia ten cultura de seu, distinta do resto da meseta, pero tamén da celta, adopta-la cultura celta implica perder a nosa propia.')
    Esta polémica vese, por exemplo, na música tradicional... fora de Galicia a nosa música está xa catalogada coma celta, e a nosa bandeira ondea en  festivais de música celta de moitos países, o
que sen dúbida, reporta un gran beneficio.. pero existe tamén o temor de que a nosa cultura perda toda identidade e, por exemplo, as nosas muiñeiras acaben confundíndose con jigas.

    Se queres engadir algo ó tema.. xa sabes a miña dirección
 


Máis...
Páxina Principal
 
 

O que sexa...