Libro de Visitas

 

OS DEMOS
(e outras tallas de Tino)



 
 
SI INDA NON TE ENTERACHES: PAXINA EN CONSTRUCCION
 
   Cando resolva iste PEQUENO  problema que teño na obra (son o dos brazos cruzados e a colilla na boca) penso facer mais.. presentable esta pequena chapuza que é a miña páxina ,a ver si se me da  millor co traballo de aí arriba. De momento solo podedes chegar eiqui a traves da paxina da miña filla Raquel (Avelaiña)esi que o que entrou foi por voluntade propia ,polo tanto non admito reclamacios. 
    Pídolle perdón polo meu galego ós académicos, pero iste é o que mamei de neno na miña terra, inda que esté moi "contaminado",pois polo meu traballo tiven que estar moito tempo fora e vanse esquecendo verbas e sustituíndoas por "palabros".
 
Escudo de Galicia


Cela recibindo a súa caricatura cando deu o pregón na Feria do Viño de Quiroga

   Como podes imaxinar, son ferroviario ( non digo de Renfe),e levo 26 anos traballando na construcción de ferrocarrís. Empecei a traballar nunha empresa constructora : M.Z.O.V (Compañia de los Ferrocarriles de Medina del Campo a Zamora y de Ourense a Vigo), como vedes po lo nome de gran raigame ferroviaria, construíu e explotou esta liña e cando se fundou Renfe quedou como empresa constructora,mais adiante fusionouse con Cubiertas e mais tarde con Entrecanales y Tábora quedando agora como NECSO  ENTRECANALES CUBIERTAS S.A. 

    Unha das miñas aficios,da que vos vou a falar un pouco, é a de tallar a madeira (por certo estoume dando conta que iste trebello que teño diante róubame bastante,e que xa fai tempo que non collo unha gubia na mau):
 

Estando nunha esposición que facía o meu pai (tedes un enlace a unha paxina onde se poden ver algúns dos seus traballos), sentinme orgulloso do que era capaz de facer sin ter ningun estudio de dibuxo e con unhas ferramentas rudimentarias(o primeir traballo que fixo utilizou como gubia un detornillador que afiou nunha roda de afiar ). Asi que decidín probar si era capaz de facer algo eu e pedinlle unha madeira,o home non devia ter moita confianaza en min pois deume un" taborelo" calquera que encontrou na casa e nil  empecei a facer un escudo de Galicia,cando o tiña a medias enseñeillo e debeulle gustar porque dixo: "de donde sacaques esta madeira que non vale pra nada" e deume unha tabla de castiñeiroentre os traballos que teño feitos os que mais aceptacion tuveron foron as caricaturas de politicos e personaxes conocidos (pra facer as caricaturas baseime en orixinais de Gogue e de Salvat e de fotografias de xornais e revistas). 
     Aclarar que o feito de que retratar a determinados persoeiros nas miñas tallas e a outros non, non ten segunda lectura, e non obedecen a motivos personais nin políticos .
 
 Retrato do meu pai que 
saquei desta fotografía
 

Por exemplo, teño comezada unha talla de D. Xosé Manuel Beiras, pero por determinadas circunstancias está aínda sen rematar, e tamén outra de D. Victorino Núñez (pero como as veces anda deixando e quitando a barba non hai xeito. ao final arriscareime, ao fin e ao cabo, se logo hai problemas: "se sae con barba San Antonio e, sen ela, Purísima Concepción".. ou algo así dicía a frase.)
A miña vocación é tardía igual que a do meu pai pois non empezamos a traballar nesto hasta que fumos cuarentós ,inda que a il xa lle tiraba das orellas a súa nai cando era neno por andar ca navalla enredando nos paus do corredor, lembrarei sempre tamen un aradiño de pau que me fixo cando andaba na escola ¡como me envidiaban os outros cativos! pois dixen co fixera eu.
Fixen algua exposición (Quiroga, Lugo,  Monforte, Ponteceso, Esqueirón...) e entre os  meus "clientes" están D. Manuel Fraga que se  encontrou moi favorecido e quixo ter a súa caricatura e D.Camilo José Cela que a quixo mercar e lla regalou o Concello de Quiroga  cando foi pregoeiro na feira do viño (por certo, que nun libro que me adicou noméame o seu  retratista en madeira ).

 
Manuel Perez na inaguración da feira de Mostras de Monforte
visitando a esposición do meu pai e miña. E Manuel Fraga na clausura da mesma (mirando a súa caricatura)

 

 

    Por aí arriba, xa intercalei algunhas fotos das miñas tallas, pero aínda hai mais. E tamén (dentro de pouco) poderás mirar algúa das entrevistas ou reportaxes que fixeron sobre a miña aficción.


 

Pronto atoparás eiquí unha lista de enlaces a distintas páxinas, namentres non podo deixar de enlazar eiquí coa páxina de Federico Oña, non somentes pola súa calidade en talla, senón tamén pola laboura pedagóxica desinteresada que está a realizar. 


[Os Santos (tallas de Xosé González) ] [ Páxina de Avelaíña ]


(Páxina en construcción)

 
.
Se queres facer algún comentario será moi ben recibido