Biblioteca
Contamos neste momento con 5.000 volumes que están en fase de catalogación polo sistema de CDU con adaptacións para os fondos de lectura infantil. Paralelamente estamos informatizando estes fondos utilizando o programa Abies
Existe servicio de préstamo durante o recreo autoxestionado por grupos de rapaces do taller de Biblioteca e tamén préstamo á aula.
Gustaríanos seguir incorporando tamén outros fondos existentes no colexio en outros soportes para que a Biblio sexa un Aula de Recursos Documentais na que se atopasen tódolos documentos en calquera formato e soporte: cintas audio, video, cd-rom...
Tamén temos instalados dous ordenadores en rede desde os que se ten acceso a Internet e se pode consultar o catálogo informatizado (aínda non completado), enciclopedias multimedia, etc.
No noso ánimo está que a "Biblio"(como nos gusta chamala) é ,ou debe ser, o corazón da escola. Alguén dixo :
"Si la escuela fuese un avión, la biblioteca sería sus alas."
Cremos firmemente que o novo estilo de ensinar a aprender pasa ineludiblemente por un cambio de mentalidade no que a biblioteca escolar pase a ocupar un lugar preeminente na nosa actividade docente.
Pero tampouco olvidamos outra función fundamental dos libros: a lectura lúdica, o ler polo mero placer de facelo está tamén nos nosos obxectivos. Neste sentido a Biblio ten que se-lo lugar onde se realicen actividades de animación destinadas a inocular ese virus nos nen@s para conseguir que saian da escola coa enfermedade da lectura.