Proxectos

Campaña de dinamización e fomento da lectura.

Desde o curso 95/96 o centro asume como prioritario o obxectivo de facer da lectura unha das súas señas de identidade. Cámbiase de ubicación a Biblioteca e convírtese no centro neurálxico do colexio reorganizando tódolos fondos, establecendo servicio de préstamo e priorizando as actividades de animación na propia sá de lectura e nas aulas.Nestes momentos estamos informatizando a biblioteca, co que se conseguirá un maior aproveitamento e dinamización dos recursos que ela nos ofrece.

 

Campaña de reciclaxe de papel e pilas: NÓS RECICLAMOS

No curso 96/97 comezou esta campaña coa colocación de caixas para recollida de cartón e papel en tódalas aulas. Periodicamente vacíanse en outros contenedores máis grandes situados na entrada do colexio.

A ciberescola.É un proxecto para integra-los medios informáticos na escola. A comprobación da desigualdade de medios entre os nenos e nenas do medio urbno cos do medio rural e o convencemento de que as novas tecnoloxías non farán , se non se poñen urxentemente os medios para evitalo, máis que acrecentar estas desigualdades, levou ó equipo directivo no curso 96/97 a afronta-lo reto de conquerir financiación para a instalación dun aula de informática no centro. As aportacións tento de institucións públicas, pero moi especialmente das privadas, as empresas da zona fixeron posible que hoxe poidamos decir con orgullo que contamos cun aula de informática dotada con 12 ordenadores conectados a través dunha rede de area local(LAN), scanner, impresora e conexión a INTERNET ADSL. Nesta aula realizáronse varios cursos de iniciación á informática para mestres e veciños da área de influencia do colexio.

Ademais contamos con ordenadores na zona administrativa, biblioteca, Orientación e Sala de Profesores

Temos en carteira a remodelación das instalacións exteriores co acondicionamento das pistas, asfaltado de aceras e remodelación dos vestiarios do ximnasio, unha vez conseguidos os exteriores que son compartidos coas peñas de fútbol da zona.

 

Volver á páxina principal