Quen somos?
Nesta páxina iremos colgando os distintos documentos do centro
O NOSO PEC:
1.- Introducción 3
2.- Ubicación e datos legais 4
2.1 Ubicación 4
2.2 Datos legais 5
3.- Características do centro 5
3.1 Instalacións 5
3.2 Unidades e persoal 9
3.3 Estructura organizativa 10
3.4 Servicios complementarios 11
4.- Análise socioeconómica 14
4.1 Concentración-dispersión dos domicilios 14
4.2 Infraestructura e Servicios 14
4.3 Movementos culturais e asociacións 14
4.4 Emigración/Inmigración 15
4.5 Sectores de traballo das nais/pais 15
4.6 Lingua usual de comunicación 15
4.7 Formación académica e cultural das familias 15
5.- NOTAS DE IDENTIDADE 16
6.- Obxectivos 18
6.1.- De tipo xeral 18
6.2.- No ámbito dos alumnos 18
6.3 No ámbito familiar 19
6.4 No ámbito do profesorado 19
7.- Avaliación dos alumnos 20
7.1. Criterios Xerais 20
7.2.- Promoción 20
8.- Metodoloxía 21
9. Anexos 21
PROXECTO EDUCATIVO DO CEIP CANOSA RUS
1.- Introducción
Este proxecto educativo é un documento que recolle obxectivamente as características principais da institución á que se refire: o CEIP Canosa-Rus e reflicte outros aspectos relacionados coa vida educativa discutidos e consensuados por tódolos membros da comunidade educativa: a situación socioeconómica da área de influencia da escola, as notas de identidade do centro, os obxectivos xerais da escola en canto ós alumnos, a familia e ó profesorado, as liñas básicas de avaliación e metodoloxía, o Regulamento de Réxime Interior e o Plano Lingüístico do Centro.
A elaboración deste proxecto comézase no curso 97-98, apoiándose nun curso de formación en centros. Nese curso e no seguinte elaboráronse os apartados que requirían máis documentación e/ou discusión entre os distintos sectores implicados. Finalmente, no curso 99/00, remátase este PEC cos aspectos máis administrativos e os que veñen impostos pola lexislación vixente.
Queremos subliñar a idea que en todo momento permaneceu latente na elaboración deste documento: dotarnos ós membros desta comunidade educativa dun documento sinxelo e concreto no que, partindo da realidade, establecésemos as normas básicas de funcionamento e os rasgos que nos identifican e distinguen como centro educativo. E todo elo cos obxectivos últimos de facilitar o desenvolvemento da acción educativa e de dispoñer dunhas directrices claras de funcionamento, discutidas e asumidas por todos os sectores que permitan un alto grado de identificación.
2.- Ubicación e datos legais
2.1 Ubicación O Colexio Público de Educación Infantil e Primaria de Canosa está situado na parroquia de Rus, no límite dos Concellos de Carballo e Coristanco a aproximadamente 5 km de ambos . Este centro escolariza alumnos e alumnas das parroquias de Ardaña, Rus e Entrecruces do Concello de Carballo e Erbecedo, do de Coristanco. Todas estas parroquias están afastadas dos núcleos que constitúen a capitalidade dos seus Concellos, núcleos onde se concentran as escasas dotacións culturais coas que se conta no ámbito rural. Lingüisticamente, trátase dunha área de monolingüísmo absoluto en galego.2.2 Datos legais
CONCELLO Carballo
LOCALIDADE Canosa-Rus
CÓDIGO POSTAL 15109
CÓDIGO DA ZONA 150990
CÓDIGO DO CENTRO 15002670
CIF Q-6555004-H
TELÉFONOS 981-70.00.81 981-70.47.58
FAX 981-70.47.59
Email ceip.canosa.rus@edu.xunta.es ceiprus@teleline.es
3.- Características do centro
3.1 Instalacións
O Colexio consta dun edificio principal e tres anexos.
ANEXO 1:
Antiga piscina cuberta habilitada como ximnasio, situado ó lado da entrada principal e lindando cun patio cuberto. Presenta tres entradas: unha desde o exterior e outras dúas desde cada un dos servicios - vestuarios de nenos e nenas.
ANEXO 2:
Antiga vivenda do conserxe que se incorporou como espacio común desde hai anos. Nela hai as seguintes dependencias:
- cociña utilizada como cafetería e pequeno almacén.
- conserxería e sala de máquinas.
- dirección
- secretaría + xefatura de estudios
- sala de profesor@s
- servicio mestr@s
ANEXO 3:
Vestiarios exteriores. Na zona sur do colexio e a continuación do comedor (comunicado con dúas portas) contamos cun pequeno edificio don dúas estancias unha con dous vestiarios(masculino e feminino) cos seus correspondentes servicios duchas e lavabos e outra destinada a almacén de comedor.
EDIFICIO PRINCIPAL
Neste edificio hai 3 zonas: norte, sur e central.
SUR CENTRAL NORTE
PLANTA BAIXA · hall de entrada· comedor· cociña· almacén ferramentas e depósito clorador · biblioteca · pequena aula de Audición e Linguaxe· servicios mestr@s· local APA· gabinete médico/arquivo· almacén
1ª PLANTA · hall· almacén comedor· 4 aulas: 2 de Infantil e 2 de 1º· servicio nen@s · Titoría múltiple· Laboratorio /Plástica · 4 aulas: - Aula de Idiomas - 2 de 4º - Aula de Informática· servicio nenos
2ª PLANTA · hall· 4 aulas: - 2 de 2º- 1 de 3º- Aula de Apoio· servicios nen@s · 2 aulas: Música Audiovisuais · 4 aulas: - 2 de 5º e - 2 de 6º· servicios nenas
ESPACIO EXTERIOR
O patio exterior está dividido en dúas zonas : Dianteira fronte á entrada principal e traseira situada na parte posterior do edificio. A división coincide co reparto e asignación de aulas ós distintos niveis e tamén, polo tanto, o lugar no que disfrutan o recreo: De Infantil a 3º na parte dianteira. De 4º a 6º na traseira.
DIANTEIRA: Consta de:
-un patio cuberto que discorre paralelo ó ximnasio e que se utiliza tamén para entrada dos nen@s.
- un patio de cemento con elementos de balón volea.
TRASEIRA: Consta de :
- un patio cuberto con catro canastras
- un pequeno voladizo anexo á biblioteca
Dentro da zona chamada traseira, pero algo lonxe do edificio contamos con:
- unha pista polideportiva descuberta, con redes ó redor desta pista e do campo de fútbol para evitar que os balóns caian fóra.
- un frontón
- un foso de area
- un campo de fútbol grande.
En xeral tódalas zonas non reformadas con novas superficies están inutilizables xa que a escola aséntase nunha braña que permanece anegada practicamente todo o curso.
Fora do recinto escolar, está o campo de fútbol regulamentario que non se usa nas actividades diarias da escola.
3.2 Unidades e persoal
Tendo en conta o D.O.G do venres, 11 de setembro de 1.998, as unidades e postos de traballo que lle corresponden o Centro son as seguintes:
UNIDADES POSTOS DE TRABALLO
EI EP Mixtas TOTAL EI EP FI FF EM EF PT AL TOTAL
2 12 0 14 2 10 2 1 1 2 1 0 19
UNIDADES en funcionamento POSTOS DE TRABALLO en funcionamento
EI EP Mixtas TOTAL EI EP FI FF EM EF PT AL reli SC TOTAL
2 11 0 13 2 10 2 1 1 1 1 1 1 1 21
No curso 99-00 empezou a funcionar de forma provisional unha unidade de Audición e linguaxe que sigue sendo dotada nos anos sucesivos e empezou a solicitarse a cobertura do departamento de Orientación. este obxectivo acadouse no curso 2001-2002
3.3 Estructura organizativa
3.4 Servicios complementarios
3.4.1 Transporte
O curso 99-00é o primeiro en que non hai servicio de transporte ó mediodía polo que tódolos alumn@s transportados son becarios do comedor escolar.
Corre a cargo da empresa AUCASA e os itinerarios son 7.
ITINERARIO 1 ITINERARIO 2 ITINERARIO 3
1. Braña – Erbecedo 1. Riveiro 1. Pista Soutullo
2. Pomba 2. Cesta 2. Braña
3. Torre 3. Cruce Gontade 3. Casaldares
4. Cruce – Riveiro 4. Noví abaixo 4. Taboada
5. Novás 5. Noví 5. Pista fábrica
6. Pedreira 6. Castro 6. Barís
7. Cereixa 7. Pifaina 7. Quintáns
8. Campo 8. Estévez 8. Santa María
9. Armada 9. Aserradero
10. Soutullo 10. Vivente – capilla
11. Pego 11. Chapista
ITINERARIO 4 ITINERARIO 5 ITINERARIO 6
1. Caxín 1. Liñares 1. Braña-Rus
2. Barbalde 2. Barcia 2. Outeiro abaixo
3. Vilares 3. Millarada 3. Outeiro
4. Baralla 4. Ramil 4. Pereiro Vello
5. Arganosa 5. Férveda 5. Meixonfrío
6. Portopaio 6. Espanadeira 2
ITINERARIO 7 7. Padreiro 7. Espanadeira 1
1. Granxa 8. Calvos taberna 8. Cótaro
2. Pereiriña 9. Calvos 2 9. Cótaro arriba
3. Sabadín 10. Cornaces 10. Alborís
4. Vilela 11. Calvos 1 11. Outón
5. Sampaio 12. San Sadurniño 12. Ferrol
6. Capela 13. Alborín
3.4.2. O comedor escolar
O comedor escolar funciona con dúas traballadoras: unha cociñeira e unha axudante de cociña.
A encargada do comedor é unha profesora mentres que o persoal colaborador selecciónase de acordo cos criterios determinados polo Consello Escolar que se reflectían na PXA e Memoria do curso 96/97. entre persoas da comunidade educativa que cumpran os criterios citados debendo pasar unha entrevista na que están representados pais e profesores.
O número de alumn@s comensais becarios é o maioritarios respecto da matrícula total xa que non teñen dereito a este servicio tan so os que non son transportados ou os nenos de tres anos.
O alumnado do 3º ciclo de Primaria colabora na colocación dos servicios e na recollida das mesas seguindo as instruccións da encargada de comedor e do persoal colaborador.
Co ánimo de manter a calidade neste servicio seguimos os seguintes criterios:
Mantemos unha organización do espacio con aliñamento lonxitudinal das mesas para facelo máis operativo e cómodo tanto á hora da colocación como da recollida.
Simulacro de colocación nos días previos ó inicio para evitar as aglomeracións e tumultos do ‘primeiro día’
Adxudicación dun número de mesa a cada neno de acordo coa planificación feita de antemán en croquis, co criterio de maiores coñecidos a cargo de pequenos.
Cada nen@ ten un lugar asignado de xeito estable para todo o curso.
Asistencia das profesoras de Infantil nos primeiros días no período de adaptación ó comedor.
Asignación de funcións claras e concisas ó posto de colaboradora para evitar problemas de funcionamento do pasado, coa edición dun caderno informativo especial.
INCIDENCIA NO CARÁCTER EDUCATIVO DESTE SERVICIO: Como poñer unha mesa, hábitos na mesa, hábitos alimenticios…
Pretendemos relacionar directamente o feito da comida coa necesidade de manter unha boa hixiene buco dental.
Información permanente ás familias sobre: menús mensuais, normas do comedor, como servir unha mesa, cubertos a empregar en cada caso, complementos alimenticios…
4.- Análise socioeconómica
A redacción deste apartado realizouse no mes de xuño de 1999 a partir dos datos obtidos nunha enquisa ás familias que foi contestada polo 83% das mesmas.
4.1 Concentración-dispersión dos domicilios
O alumnado procede de dous concellos: Carballo con 3 parroquias (Sta Mª Ardaña; Sta. Mª Rus; Entrecruces) e Coristanco con unha (Erbecedo)
Dentro de cada unha delas, numerosas entidades de poboación agrupadas en pequenas aldeas e/ou lugares o cal produce como consecuencia unha fortísima dispersión do alumnado a ambos lados da estrada Carballo – Santiago e a que une esta con Coristanco.
4.2 Infraestructura e Servicios
Practicamente tódolos servicios fundamentais están nas capitais dos concellos (Carballo e Coristanco). So unha farmacia, a cooperativa agraria e a madeireira UNEMSA poden considerarse servicios propios da zona. O resto de servicios redúcese a pequenos bares e/ou tendas “mixtas” de ámbito case exclusivamente parroquial.
A comunicación cos principais núcleos de poboación limítase á liña regular de autobuses entre Carballo e Santiago con catro liñas de luns a sábado e dúas o domingo. O xoves, día de feira en Carballo, outra empresa fai un servicio especial a primeira hora da mañá con regreso ó mediodía.
4.3 Movementos culturais e asociacións
No ámbito de influencia do colexio existen dúas asociacións culturais:
- Asociación cultural Virxe da Saleta de Silván que dedica as súas actividades á conservación do folclore popular (Baile, canto e pandeireta ) teatro e animación cultural.
- Asociación Cultural C.P. Canosa – Rus constituída no ano 1.997 en torno ó núcleo do colexio dedícase á organización de actividades dirixidas especialmente a alumnos, exalumnos e veciños cercanos á comunidade educativa. Céntrase especialmente en actividades de formación e na organización de acontecementos que implican a toda a comunidade educativa.
Igualmente existe un teleclub que non ten a penas funcionamento desde hai xa varios anos.
4.4 Emigración/Inmigración
Na zona existiu unha forte emigración, especialmente a Suíza. Aínda no momento de redactar este documento hai numerosas familias na que os fillos están ó coidado de avós. Unha terceira parte das familias teñen ou tiveron a algún dos pais na emigración. Un 10 % téñeno na actualidade.
4.5 Sectores de traballo das nais/pais
No momento de redactar este documento, un 50% dos pais é asalariado e só un 7% declara traballar na agricultura (ou na casa). No caso das nais a proporción é bastante diferente: un 70% traballa na casa e unha cuarta parte faino fóra do fogar.
Unha terceira parte das familias que responden a enquisa que serviu de base para este documento declara recibir menos dun millón de pesetas ó ano; o 43 % entre 1 e 2 millóns; o 22% entre 2 e 4 e só un 3% máis de 4 millóns.
4.6 Lingua usual de comunicación
A lingua de comunicación en un 99 % é o galego tanto entre pais e fillos coma entre os propios nenos coma cos mestres.
4.7 Formación académica e cultural das familias
Un 50% de nais e pais cursou só estudios primarios, mentres un 8% recoñece non ter ningún e a mesma proporción acadou o nivel de bacharelato ou FP. Aproximadamente unha terceira parte ten o nivel de graduado escolar.
Outro dato relacionado é a dispoñibilidade de material de consulta: un 40% das familias que responderon á enquisa efectuada carecen de calquera material de consulta.
5.- NOTAS DE IDENTIDADE
1 .- Centro de Integración educativa: O respecto á diferencia e a tolerancia
O centro velará polo respecto das minorías favorecendo a súa integración e respectando a propia identidade cultural. Así mesmo establecerá as medidas concretas de apoio ós nenos con NEE no convencemento de que estes nenos non son responsabilidade exclusiva do profesorado de apoio.
No mesmo sentido, rexeita taxativamente a postura de dedicar unha atención preeminente ós nenos con máis capacidade.
2.- Xestión democrática e potenciador dos valores democráticos
A xestión do centro será democrática e baseada no diálogo, na distribución de responsabilidades e no traballo compartido, asumindo o obxectivo de transmitir estes valores ó alumnado.
O centro rexeita expresamente unha xestión do traballo unidireccional por parte de calquera dos estamentos e/ou órganos que compoñen a comunidade educativa.
A escola procurará o desenvolvemento de tódalas dimensións da personalidade e atenderá, dentro das súas competencias, a tódalas posibilidades de formación.
3.- As Linguas de Ensino
A comunidade educativa, á vista da realidade sociolingüística da poboación que atende, opta inequivocamente por unha escolarización en galego nos primeiros tramos de idade cunha implantación progresiva do castelán ó obxecto de acadar unha boa competencia nas dúas linguas. A este fin elabórase un Plan Lingüístico no que se concretan o momento de introducción do castelán e as materias a impartir en cada un dos idiomas.
4.- Coeducación
A escola defende unha educación non sexista e especialmente vixiante no que atinxe a formas, comportamentos e actitudes que poidan ser consciente ou inconscientemente discriminatorias tanto por acción como por omisión e rexeita a confección de actividades, deseño de estratexias, asignación de tarefas ou responsabilidades... en función do sexo ó que se dirixan.
5.- O Medio Ambiente e a Reciclaxe
A comunidade educativa do CEIP Canosa Rus asume como obxectivo a potenciación e transmisión de valores de defensa da Natureza e o Medio Ambiente.
6.- As Novas Tecnoloxías
A escola valora moi positivamente a utilización das novas tecnoloxías como recurso metodolóxico e polo tanto incidirá na modernización do seu equipamento e na utilización co alumnado como factor corrector da desigualdade de oportunidades.
7.- A lectura e a Biblioteca Escolar
A biblioteca escolar debe ocupar un lugar fundamental na metodoloxía como instrumento de autoaprendizaxe a partir do manexo de documentación.
Igualmente plantéxase como obxectivo prioritario o fomento da lectura lúdica tanto nas actividades académicas como nos períodos de lecer.
8.- Integración de tódolos sectores
A escola, a educación en definitiva, depende de toda a comunidade educativa, e , polo tanto, a colaboración entre tódolos sectores que a compoñen é a mellor opción para acadar unha mellora na calidade.
9.- O cómic e a plástica
Potenciaranse as actividades de expresión plástica e especialmente da técnica do cómic como instrumento que, en estreita relación coa linguaxe, axudará á consecución de obxectivos de comprensión, expresión e creatividade.
10.- A relación co entorno
O centro maniféstase partidario do estudio, recuperación e preservación do seu entorno cultural e medioambiental para o que potenciará actividades e estratexias curriculares dirixidas a este obxectivo.
6.- Obxectivos
6.1.- De tipo xeral
a) Favorecer un clima que mellore a autoestima e as relacións afectivas
b) Estimula-lo desenvolvemento corporal a través do xogo e a actividade física
c) Incidir no interese por participar en actividades culturais de distintos tipos.
d) Practica-la cortesía e os bos modais
e) Desenvolver nos alumnos o respecto á pluralidade lingüística, cultural e ideolóxica e o interese por coñecer e comprender realidades distintas á propia.
6.2.- No ámbito dos alumnos
6.2.1 Actitudes e Valores
a) Desenvolve-los valores universais que conforman ás persoas boas e xustas.
b) Estimula.lo diálogo e a razón, potenciando a resolución de conflictos mediante a palabra.
c) Ensinar a escoitar, esperar, pedir turno ,a respecta-las opinións diverxentes e a acata-las decisións maioritarias , respectando ás minoritarias.
d) Fomenta-la cooperación mediante o deporte e o traballo cooperativo
e) Respecta-las diferenciais persoais , entendéndoas como unha riqueza do ser humano.
f) Valora-lo coñecemento e o respecto do entorno natural, empezando polo máis próximo ó neno.
g) Desenvolve-lo sentido altruísta e solidario.
6.2.2 Contidos e Procedementos
a) Usar correctamente as linguas tanto no oral como por escrito.
b) Desenvolve-la capacidade de comprensión de todo tipo de mensaxes
c) Propiciar a autoaprendizaxe, facilitando as ferramentas básicas para a busca de documentación e a selección de información.
d) Incidir especialmente no dominio dos contidos máis relevantes e funcionais das distintas áreas, utilizando procedementos que potencien a iniciativa, a creatividade, a investigación, a actitude crítica e o hábito de traballo.
e) Desenvolver estratexias de aprendizaxe e técnicas de traballo intelectual que favorezan a competencia cognitiva de xeito que poida “aprender a aprender” por si mesmo.
f) Fomenta-la afección pola lectura e axudar na formación do espírito crítico.
g) Utiliza-los medios informáticos e audiovisuais como recurso didáctico e acadar que o alumno os manexe a nivel instrumental
6.3 No ámbito familiar
a) Intercambiar información coas familias de forma fluída cunha dobre intención:
a1) Que os pais coñezan mellor a realidade escolar
a2) Que os mestres coñezan aspectos importantes de comportamento dos alumnos na familia
b) Establecer canles de diálogo e foros de expresión
c) Pedi-la súa colaboración para levar a cabo distintas actividades e considera-las súas aportacións.
6.4 No ámbito do profesorado
a) Asumir plenamente e con tódalas consecuencias os principios e obxectivos de Centro
b) Axusta-la práctica educativa ás pautas e modelos de intervención determinados nas decisións grupais.
c) Estar aberto a unha avaliación da práctica docente
d) Participar activamente mediante iniciativas propias e/ou aportacións ás doutros mestres en todo o relativo á vida do centro.
7.- Avaliación dos alumnos
7.1. Criterios Xerais
7.1.1. Avaliación cualitativa
Terase en conta todo o posible o esforzo , a actitude, comprensión e proceso de aprendizaxe do alumno, pero sen deixar de lado completamente a avaliación cuantitativa.
7.1.2. Avaliación cuantitativa
Algúns aspectos do currículum (aqueles máis salientados nos respectivos PCC´s ) terán que ser avaliados
de xeito máis obxectivo en termos de : acadado ou non acadado ou ben numericamente.
7.1.3. Avaliación formativa e do currículum
Tan importante coma as anteriores é esta avaliación que permite reconsiderar aspectos da planificación do traballo e do propio curriculum , permitindo facer incorporacións de temas tan importantes como os transversais e/ou de actitudes.
7.2.- Promoción
De xeito xenérico en cada PCC se establecen os criterios de promoción para cada área e ciclo.
De maneira xeneral tomarase a decisión de promoción dos alumnos ó remate de cada ciclo e excepcionalmente ó remate de cada curso (NEE)
Dado que a permanencia nun mesmo curso un ano máis será unha soa vez en toda a primaria, no momento da decisión terase en conta se con ela se logra un dos seguintes fins:
a) Acadar os obxectivos previstos de ciclo ou etapa
b) Reforzar de maneira significativa as aprendizaxes básicas instrumentais
A decisión adoptarase consensuadamente entre os profesores do E. docente, Apoio e E. de orientación previa audiencia ós pais ou titores e con presencia da Dirección e/ou Xefatura de Estudios e en base ós seguintes conceptos:
- Integración co grupo-clase ó que pertence e dificultades ou posibilidades de adaptación ó novo grupo.
- Grado de madurez
- Valoración do fracaso ou éxito en ciclos ou etapas posteriores
- Criterios mínimos de avaliación e promoción establecidos nos PCC´s
- Información do E. Docente
- Información familiar a través de entrevistas
- Entrevistas co alumno/a
8.- Metodoloxía
a) Preferentemente deductiva, sempre que a actividade o permita.
b) Tratar de desenvolve-la actividade “constructiva” do alumno facéndoo consciente dos mecanismos de cada aprendizaxe para que sexa quen de “aprender a aprender” por si mesmo
c) Procurar en todo momento o establecemento de relacións fortes e suxerentes para os nenos entre o que xa saben e o material a aprender
d) Manter e fomenta-lo reforzo positivo, o traballo en equipo
e) Intentar que o alumno/a chegue (despois de dotalo das ferramentas necesarias) a seleccionar, relacionar, comparar, organizar, analizar, realizar sínteses e enunciar conclusións por si mesmo