Taboleiro
No mes de outubro celebramo-lo Magosto do Colexio. Asamo-las castañas e fixemos exposicións de temporada En Nadal recibimo-la visita dos Reis Magos que estiveron con tódolos nen@s de infantil 1º e 2º recollendo as súas cartas e repartindo un pequeno obsequio.Os pequenos, pola súa parte cantáronlle os villancicos que aprenderan os días anteriores.Os maiores foron ó cine ao Pazo da Cultura de Carballo e chegaron a tempo para ver tamén ós Reis. Tamén se realizou conxuntamente un Belén xigante de plastilina, cortiza, area, musgo con tódolos elementos típicos. O 30 de xaneiro celebramo-lo Día Mundial Da Paz. Durante esa semana realizáronse actividades relacionadas coa conmemoración. O propio 30 realizouse unha actividade na que se leron mensaxes positivos de paz e outros negativos que se botaron simbolicamente á basura. Como tódolos anos celebramos o Antroido. Comida e postres especiais e pola tarde festa con pasarela de disfraces e comparsas , pasarrúas polo arredor e gran chocolatada final.Nas Letras Galegas entrega de premios do Certame literario, exposición de obxectos antigos, instrumentos curiosos e ferramentas de oficios artesanais e tamén unha exposición con fotos e documentación dos muiños da zona.- Esperamos publicar un novo numero do noso xornal escolar Ca...Nosa Voz
- Contamos realizar tamén en maio unha nova edición do noso certame literario.