MANIFESTO DE BONAVAL

No ano 1994 publicou-se o primeiro volume do "Mapa Sociolingüístico de Galiza", que constataba un forte descenso da galego como língua inicial nas xeracións máis novas; segundo os dados nel recollidos, na franxa de idade  por riba dos 65 anos, aprenderan a falar en galego máis da 80% da poboación, mentres que na xeración entre 16 e 20 anos, non tiveran o galego como língua inicial máis que o 34,4% dos galegos e galegas. Estes dados non facian máis que constatar algo que xa se viña denunciando con anterioridade: a perda da galego como língua de transmisión xeracional, como legado de pais a fillos, o forma máis natural de transmisión de calquer idioma. Os seguintes volumes da "Mapa Sociolingüístico de Galiza" continuaban a dar información preocupante sobre o uso do galego nas xeracións máis novas, que están a sufrir un intenso proceso de desgaleguización nos seus hábitos lingüísticos a respeito da xente máis vella: os mozos e mozos entre 16 e 25 anos, a sección máis nova que se inclúe no estudo, son os únicos que por primeira vez non teñen o galego como língua maioritária de uso.

Os dados do "Mapa Sociolingüístico de Galiza" serviron para constatar con maior respaldo científico que a tendéncia de perda de uso do galego como língua habitual é cada vez máis forte na xente nova, a pesar de seren precisamente estas as xeracións que teñen unha mellor actitude a respeito da nosa língua. Os importantes avances que se foron producindo en campos concretos cunha forte proxección social e unmaior acceso á información atenuaron os efeitos dos prexuizos lingüísticos, mais non conseguiron inverter as tendencias descendentes do uso do galego.

Sen embargo, ainda que houbo tempo máis que suficiente para asumir esa situación e deseñar as medidas necesárias para tentar combaté-la, a Xunta de Galiza non adoptou  nengún tipo de iniciativa dirixida á xente nova. A pesar de que os dados peden con urxéncia absoluta un plan claro e efectivo de política lingüística para a mocidade, seguen sen desenvolver-se programas de actuación naqueles campos de maior incidéncia nas xeracións máis novas, non se poñen os meios públicos ao servizo da prioridade urxente de recuperar a língua nas novas xeracións e segue sea actuar-se con decisión e ciaridade nun ámbito de trascendental importáncia como é o sistema educativo. Así, fronte ao que está a acorrer noutras situacións lingüísticas semellantes á nosa, a político lingüística do Partido Popular non dá invertido a curva descendente do idioma e non sabe – ou non quere - aproveitar o cámbio positivo que se está a producir nas actitudes linguísticas das xeracións máis novas de galegos e galegas. Así, á pesar dos anos transcorridos e dos meios investidos, a política lingüística da Xunta de Galiza segue a levar a língua cara aos cemitérios.

Pero a pesar desa preocupante tendéncia á baixa, a nosa língua está viva e ainda segue a ser a língua moioritária da poboación. E non podemos consentir por máis tempo que o abandono, a incompeténcia e a desídia sigan o ser os principais características da actitude da Xunta de Galiza ante o descenso de uso do noso idioma; non podemos consentir que, dende o control que permite o abuso de poder, sigan a manipular os dados e a información para facer-lle crer á sociedade que a situación da língua mellora e que determinados avances desvíen a atención da principal necesidade da nosa língua: unha actuación rápida e decidida de apoio sen reservas á sua extensión plena.

O parque de Bonaval é un exemplo claro de actuación contundente co obxectivo de recuperar un cemitério para o uso, goce e aproveitamento da sociedade, para a vida. Dende el, e como símbolo do cámbio, demandamos da Xunta de Galiza o deseño e posta en marcha dan plan xuvenil de normalización lingüística que permita recuperar a normalidade de uso do galego na nosa mocidade. Porque o galego é unha língua viva.

Parque de Bonaval, 17 de maio de 1999.

A Mesa pola Normalización Lingüística, BNG, CIG, CC OO e EdeG.