A Cidade de San Cibrán de Lás é un xacemento que, pola súa configuración formal e monumental, constitue un verdadeiro arquetipo dos castros da etapa final da cultura castrexa, coincidente coa romanización do NW. peninsular.  

   As escavacións realizáronse en tres fases moi separadas no tempo: Entre 1922 e 1925 as dirixe don Florentino López Cuevillas; paralízanse despóis ata 1948-49, datas nas que as reanuda don Xaquín Lorenzo Fernández. 

   Finalmente dende 1980 se produce o reinicio, con novas escavacións e a recuperación das descobertas anteriores.  

A importancia histórica do xacimento se vincula coa primeira sistematización castrexa realizadas por Cuevillas.

 
 

   Pero tamén resulta importante pola sua propia grandiosidade e pola avantaxe de coñecer o seu nome antigo: LANSBRICAE, que aparece nunha das tres inscripcións aparecidas ata o momento. Unha na porta do solpor do recinto central, fragmentada; outra, brebe e sobre unha rocha cunha adicatoria a Luppiter ; a terceira, unha ara adicada a Bandua Lansbricae, na que se recoñece a raíz do topónimo local, recollido tamén por algúns documentos medievais. 

 
 

   O castro, un dos de maior superficie de Galicia, está constituido por dous recintos amurallados, dispostos de xeito case concéntrico e lixeiramente alongados no senso norte-sur.  

   A croa, recinto central, está delimitada por unha muralla simple, aínda que forte -acada nalgúns puntos tres metros e medio de ancho- de cachotería e bolos graníicos. A altura actual é pequena con relación coa conservada nos tempos das primeiras escavacións. O acceso á parte alta, faise por escadas embebidas nela, sinxelas ou de dobre derrame, ou con pedras sobresaintes no muro, descoñecéndose cómo era o remate e altura total destas murallas. 

 
 
 
 
 
 

   As entradas deste recinto ábrense nos extremos do eixo leste-solpor, defendidas con cubos e, nestes unhas habitacuóns ó xeito de corpos de garda, con rebanco corrido. No interior do recinto, excaváronse varias construccións, polo de agora todas illadas e de planta diversa, algunhas con piso lousado e nunha delas, reaproveitado no piso, un fermoso relevo dun trisquel. 

 
 
  

   O segundo recinto é moi amplo e ten as suas defensas moi reforzadas nos sectores do sur ó poñente con foso, segunda muralla, foso e un parapeto dianteiro do que so restan os alicerces. O foso escavouse directamentena rocha base, que serviu de canteira para as murallas.

   As portas do segundo recinto, de carácter tamén monumental, non teñen unha orientación tan definida como as do recinto central, coñecéndose na actualidade tres: unha ó sudeste; outra no sur e a terceira no solpor defendida por un muro dianteiro coa sua propia porta. Teñen tamén cubos laterais e cubos de garda. 

   Próxima á porta do poñente está a fonte alxibe, orixinal construcción realizada ó redor dunha

 
 
 
 

mina de auga e un depósito anexo, con escadas para descender ata o fundo na época de sequía e que permitía, nas de abundancia, o rebose a través dun pasadizo cortado da muralla que desauga no foso e que no seu tempo, o igual que a mina, debeuse cubrir con falsa bóveda ó redor dunha mina de auga e un depósito anexo, con escadas para descender ata o fundo na época de sequía e que permitía, nas de abundancia, o rebose a través dun pasadizo cortado da muralla que desauga no foso e que no seu tempo, o igual que a mina, debeuse cubrir con falsa bóveda.  

 

   As escavacións neste segundo recinto revelaron a existencia dunha trama urbana, con rúas perimetrais e transversais, algunhas de grande amplitude e lousadas e outras simples canellas. A partir destas rúas organízase a distribución das construccións, que aparecen formando grupos organizados, con acceso dende a rúa a un espacio común ó que abren as portas de varias construccións, definindo claramente o que se chama casa-patio, ainda que hai outras de tipo máis sinxelo. 

   Non todalas construccións dunha casa-patio, son do mesmo momento, xa que é fácil observar reformas e engadidos, ainda que resulta difícil precisar

 
 

a cronoloxía concreta, pois os niveis ocupacionais presentan materiais moi homoxéneos.   

   Os materiais recuperados nas escavacións, moi variados, pódense ver no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.